miércoles, 23 de febrero de 2011

Buscando traballo por internet

Aquí vos deixo varias ligazóns para o exercicio de búsqueda de emprego que faremos mañá:

1. Entrade na páxina do proxecto de emprego do Concello de Pontevedra ILES. Lede as súas características, e consultade o Boletín de Ofertas de Emprego:
Proxecto ILES Pontevedra

2. Facede o mesmo co servizo de emprego do Concello de Santiago, que tamén ten boletín de ofertas:
Servizo Emprego Santiago

3. Consultade as ofertas de traballo nunha das páxinas máis coñecidas para a busca de emprego por internet, para practicar:
Infojobs

4. Consultade as seccións da web dunha das empresas de traballo temporal máis coñecidas:
ADECCO
MANPOWER

5. Aquí tedes algunhas plataformas de sindicatos para a formación, que explicaremos na seguinte clase:
CIGREDE-FORGA
FOREM

e a páxina da Fundación Tripartita, para que vexades o que é:
Fundación Tripartita

6. E finalmente, consultade esta outra páxina relacionada coa búsqueda de emprego, con máis recursos:
Monster

Xa tedes traballo!! ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario