jueves, 24 de febrero de 2011

Como facer un videocurriculum

Aínda que supoño que non vos tocará facer moitos destes polo momento, aquí vos deixo unha guía para facer un videocurriculum:

Como facer un videocurriculum

E algúns exemplos:
Exemplos

Exemplos

miércoles, 23 de febrero de 2011

Buscando traballo por internet

Aquí vos deixo varias ligazóns para o exercicio de búsqueda de emprego que faremos mañá:

1. Entrade na páxina do proxecto de emprego do Concello de Pontevedra ILES. Lede as súas características, e consultade o Boletín de Ofertas de Emprego:
Proxecto ILES Pontevedra

2. Facede o mesmo co servizo de emprego do Concello de Santiago, que tamén ten boletín de ofertas:
Servizo Emprego Santiago

3. Consultade as ofertas de traballo nunha das páxinas máis coñecidas para a busca de emprego por internet, para practicar:
Infojobs

4. Consultade as seccións da web dunha das empresas de traballo temporal máis coñecidas:
ADECCO
MANPOWER

5. Aquí tedes algunhas plataformas de sindicatos para a formación, que explicaremos na seguinte clase:
CIGREDE-FORGA
FOREM

e a páxina da Fundación Tripartita, para que vexades o que é:
Fundación Tripartita

6. E finalmente, consultade esta outra páxina relacionada coa búsqueda de emprego, con máis recursos:
Monster

Xa tedes traballo!! ;)

martes, 22 de febrero de 2011

ROF das Escolas da rede Galiña Azul

Aquí vos deixo a presentación correspondente ao ROF das escolas pertencentes á rede de escolas infantís Galiña Azul, que xa vimos hai tempo; a maioría xa o tendes, pero por si algunha se despistou, pinchade no enlace coma sempre.
Regulamento de Organización e Funcionamento

Terceira entrega da unidade...

E seguimos coa unidade de intervención;unha vez vistas as medidas preventivas, remataremos coas medidas que se toman cando un menor é separado do seu entorno familiar: adopción, acollemento (familiar e residencial). Mañán teredes tamén a unidade na fotocopiadora (dádeme tempo a chegar, eh?)

Saúdos!!
.
Intervención con menores_3ª parte

domingo, 20 de febrero de 2011

Máis sobre TEA

Aquí vos deixo máis materiais diferentes para comprender os TEA. Son varias páxinas, pero creo que vos resultarán interesantes e que vos servirán para entender as características xerais dos diferentes trastornos. O primeiro documento (o das necesidades) non recordo de onde o saquei, o resto ten as referencias indicadas. E xa que estamos, pregúntovos: ten cambiado a vosa idea sobre os diferentes trastornos de espectro autista agora que nos temos achegado un pouco ó tema? Se queredes, deixade os comentarios abaixo.
Ata mañá!

Materiais para comprender os TEA

miércoles, 16 de febrero de 2011

Videos sobre TXD

Para intentar que vos formedes unha idea máis concreta sobre os diferentes TXD, deixade como comentario a esta entrada algún video que consideredes que recolle ben as características que vimos a nivel teórico.

Actividades para nenos/as e profesionais

Déixovos o enlace ás actividades que a Fundación Pedro Barrié de la Maza, entre as que hai un obradoiro para profesionais:
Programa de actividades

* Só un "apunte": recoméndovos consultar quen foi Pedro Barrié de la Maza antes de decidir se queredes ir ou non.

Guía para o alumnado con TXD da Xunta

Aquí vos deixo a guía coa que estivemos traballando na clase:

Guía para alumnado con TXD

martes, 8 de febrero de 2011

"Mi hermanito de la luna"

En poucos días comezaremos a ver os trastornos de espectro autista. Aquí tedes a visión dun trastorno contada por unha nena:

Mi hermanito de la luna

Para 2º: FP AVANZA

Aquí vos deixo a información relativa ao programa FP Avanza; mañán me decide salgo ao respecto, vale?
Ata mañán!!
FP avanza

PD/ Por se non vistes o post que está mais abaixo, mañán imos ao Salón do Libro na miña hora.

Outra nova

E xa postos no tema de abuso sexual infantil, botadelle un ollo a esta nova de hoxe na prensa... da moito que pensar! Este é o enlace:

Somos o 2º país do mundo en intercambio de pornografía infantil

Traballando as rabechas

Aquí vos deixo unha experiencia de traballo das rabechas nunha escola infantil. Como poderedes ver, a  intervención non ten por que estar só dirixida ós/ás nenos/as, senón que tamén podemos involucrar ós proxenitores. Buscando nos blogs das escolas infantís seguro que atopades máis experiencias, animádevos a compartilas!

Escola infantil de Xinzo

Infancia rota


A partir deste post podedes deixar esas frases das que falamos na aula que vos suxire o documental, ou se queredes facer algún comentario... este e un espazo aberto, xa o sabedes; falando con respecto admitimos todos os comentarios e opinións. Animádevos!

SALÓN DO LIBRO_2º

Ola a todas! ao final, iremos mañá de visita (guiada) ao Salón do Libro cun grupo de 4º da ESO. Acompañareivos eu a última hora.
Saúdos
Mamen

miércoles, 2 de febrero de 2011

martes, 1 de febrero de 2011

Máis sobre o maltrato infantil

Ola a todas. Aquí están o resto de presentacións e docus da unidade de risco social e maltrato na infancia.Lembrade que nun post anterior está colgada a Guía de detección do maltrato da Xunta.
Vémonos mañán na clase!!

Informe Observatorio da Infancia
Resumo do informe
Presentación maltrato (I)
Presentación maltrato (II)