jueves, 23 de diciembre de 2010

Felices festas!!


O profesorado do ciclo deséxavos unhas moi felices festas e un fantástico 2011 (volvede coas pilas recargadas!)
FELIZ NADAL E ANINOVO!!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

A VISITA DE 2º...

EEI PRÍNCIPE FELIPE
Ola! Aínda que xa é un pouco tarde, déixovos un enlace para informarvos do centro que visitamos mañá en Pontevedra. Vémonos alí!

Cidade Infantil Príncipe Felipe

lunes, 13 de diciembre de 2010

La ciudad de los niños

Creo que este é un proxecto que tedes que coñecer como educadoras infantís. Para as que xa o coñecedes, aquí tedes un recordatorio. E para as que non, aquí vos deixo un video de Tonucci (o seu máximo representante), e a ligazón a unha web do proxecto. Seguro que o atopades interesante. E ademais, invítovos a buscar en bibliografía, ou en internet, as viñetas de Tonucci sobre a educación (asínaas como "Frato"). Seguro que vos sacan máis dun sorriso!

Tonucci falanso sobre a cidade dos nenos

Web a cidade dos nenos

viernes, 10 de diciembre de 2010

miércoles, 1 de diciembre de 2010

UN XOGUETE VELLO PARA TÍ, UNHA NOVA ILUSIÓN PARA UN NEN@

Vendo que xá se aproxima o Nadal, pedimos a vosa colaboración para levar a cabo unha campaña que permita ao maior número de nenos e nenas recibir un agasallo que os ilusione nestas datas. A campaña consiste en traer algún xoguete, ben sexa voso ou dalgunha persoa que coñezades, que estea en BO ESTADO e ao cal xa non se lle dea uso.

As datas de recollida dos xoguetes serán dende o 9 ata o 16 de Decembro (ámbolos dous incluídos) e durante o tempo que dura o recreo (de 11:30 a 12:00). O lugar de recollida é o taller do Ciclo Superior de Educación Infantil (na planta soto, ao lado da aula de tecnoloxía). Estes xoguetes serán entregados a Cáritas de Marín.

Para máis información, consultade con calquera alumna do Ciclo.

Moitas grazas e agardamos que coa vosa axuda, esta campaña sexa un éxito.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

martes, 30 de noviembre de 2010

Desenvolvemento Sensorial



Para ver a presentación do tema 2 pincha na imaxe.

Caderno de valores

Hola!
Aquí vos deixo unha páxina que vimos na clase con moitos contos, clasificados por valores, por personaxes...Moi útiles! (ou espero que así vos resulten!):

Páxina con contos

domingo, 28 de noviembre de 2010

Autores didáctica



Ola. Aquí vos deixo o documento sobre os autores en pdf, para que o poidades descargar ou visualizar. Vémonos mañá!

Autores didáctica

sábado, 27 de noviembre de 2010

TIPOS DE JUEGO

 Aquí os dejo las clasificaciones de juego que vimos en clase a través de videos. Y mucho ánimo para el próximo examen!!
TIPOS DE JUEGO

jueves, 25 de noviembre de 2010

Día dos Dereitos do Neno


O traballo previo, preparando as casillas do xogo

Unha mostra da gran afluencia ó xogo dos dereitos (e este foi un momento tranquilo!)

"Os xuncos" do blog do IES estiveron con nós para relatar a experiencia


Colgarei o resto das fotos no facebook, para que todas teñades acceso. E novamente...Noraboa polo traballo feito!

martes, 23 de noviembre de 2010

Enlace interesante para todos os cursos

Engado na lista de enlaces interesantes (á vosa dereita) un dunha páxina de Recursos para a Educación Infantil, ó meu parecer moi interesante. Igualmente, volo deixo debaixo, para que vos sexa máis facil aínda acceder¿Atopades algo que chame a vosa atención?. Cris

Recursos para educación infantil

Escola Decroly

Aquí vos deixo a páxina dunha escola actual que sigue a Decroly. Está en catalán, pero cun pouco de esforzo enténdese facilmente. Que vos parece?

Escola Decroly

Vai de autores

Deíxovos un video sobre unha escola na que se utiliza un dos métodos dos autores que estamos a ver na clase. A ves se sabedes cal é!(é moi fáci, so tedes que ver o video!)

Video autores

lunes, 22 de noviembre de 2010

Presentación sobre Freinet (1ºB)

Hola!
Aquí vos deixo a presentación realizada por un dos grupos sobre Freinet. En canto me reconcilie coa informática, dóuvola impresa por diapositivas, para que vos quede. Aquí podedes ir léndoa. Ata mañá!

Freinet

sábado, 20 de noviembre de 2010

Unha curiosidade




Qué importante é María Montessori en Italia, que ata lle tiñan adicado un billete de mil liras!!!

viernes, 19 de noviembre de 2010

Día Internacional dos dereitos da Infancia

Grazas a todas polo esforzo de hoxe nas actividades, tanto dos comandos como no xogo da oca. En canto as descarguemos, colgaremos algunha foto. NORABOA!!!

martes, 16 de noviembre de 2010

Freinet para

Aquí vos deixo un video sobre Freinet, para que nos vaiamos adentrando no tema. Igual que con Reggio Emilia, podedes atopar moitísimos en internet. En breves, poñemos o noso!Cris


Freinet

Reggio Emilia en 1º B

Hoxe comezamos a expoñer diferentes aportacións e modelos sobre como entender e contribuír á educación. Hoxe falaremos de Reggio Emilia. Déixovos aquí un video, como moitos outros que podedes atopar no youtube, pero este gústame porque en imaxes amosa diferentes proxectos, como o que fan para traballar as cores. Espero que vos guste! (tamén a 1º A, que estaredes con isto!). Cris
Video Reggio Emilia

domingo, 14 de noviembre de 2010

jueves, 4 de noviembre de 2010

A visita ao MUPEGA

A pesar da présa con que tivemos que percorrer o Museo Pegagóxico de Galicia, esperamos que vos gustase a experiencia de ver un importante anaco da nosa historia reunida nun espazo tan pequeno. Acabamos de recibir a foto-recordo da nosa visita, e aquí a tendes, recén saída do forno!

lunes, 1 de noviembre de 2010

O apego e máis

Aquí vai a presentación que nos quedaba pendente, e parte da que comezaremos a traballar (non imprimades a última folla)

O apego


O desenvolvemento social (esta é a que está incompleta, non imprimades a última folla)

domingo, 31 de octubre de 2010

Vai de planetas!!!

Ola.
Aqui vos queda o libro do Principiño en pdf (non fomos quen de atopalo neste formato en galego), a través do que traballaremos os autores no módulo de Didáctica en 1ºB.
1ºA: esperade novas, que ainda non chegamos a esta parte.
Aproveitade esta longa finde, que queda moito que traballar!!!
Saúdos
Cris e Mamen

El principito

sábado, 23 de octubre de 2010

viernes, 22 de octubre de 2010

enredate.org

Ola a todas! No apartado de enlaces incorporo o do portal educativo da UNICEF (enredate.org), onde poderedes atopar información e recursos pedagóxicos para traballar dereitos da infancia e datas significativas en relación aos nenos e nenas... Espero que vos enrede!!

jueves, 21 de octubre de 2010

A escola dos nosos avós

Aquí tendes o guión para desenvolver o relato que describa a escola dos nosos avós...


Guión

O museo da historia da infancia

Benvidos ó museo da infancia, no que poderedes ver a historia da infancia a través de diferentes cadros:
O pater familias romano recoñecendo ó seu fillo...

A alta tasa de mortalidade infantil na Idade Media...
 Primeiras iniciativas de atención ós nenos pobres no S. XVI...

...e alistamento dos "vagos" e mendigos na época de Carlos III

Esta é só unha mostra do traballo realizado, o resto dos cadros os colgarei no facebook para que cada grupo os explique con detalle a medida que os "retoque" (que os meus coñecementos de photoshop só me dan para ir mooooi lenta!). Pero ante todo, gracias a todas as alumnas polo esforzo, interese e entusiasmo posto na actividade...resultou estupenda!!

martes, 19 de octubre de 2010

Presentación de clase

Esta está aínda por ver na clase, para que a teñades por adiantado.

Intervención desenvolvemento afectivo

Presentación tema 2 FOL

 Hola;
aquí vos deixo a presentación do segundo tema de FOL, para que o teñades con antelación, aínda que xa sabedes que podedes ir seguindo a explicación polo libro.

O contrato laboral

lunes, 18 de octubre de 2010

Lexislación Internacional sobre Protección á infancia

Ola!
Deixovos dous documentos. Por un lado, a presentación que xa vimos sobre a lexislación Internacional, e por outro, o texto da Convención sobre os Dereitos do Neno do 20 de novembro de 1989, que é a que estamos a traballr na aula.
Saúdos e ata mañá!

Lexislación Internacional sobre Infancia
Convención sobre os Dereitos do Neno

A historia da infancia - 1º

Aquí vos deixamos a presentacion sobre a historia da infancia. Lembrade que mañá vémonos todas pola tarde, os dous primeiros!
Saúdos!

Infancia

martes, 12 de octubre de 2010

Presentación de clase

Déixovos a presentación do tema 1, que por fin conseguín colgala. A parte final aínda non a dimos, pero así xa a tedes

Presentación tema 1 FOL

viernes, 8 de octubre de 2010

Estamos no facebook!

Como falei con algunha de vos, para darlle un pouco máis de privacidade ó tema das fotos, e poder compartilas más facilmente, creouse un facebook do ciclo. Buscade a "Infantil Xunqueira", e veredes que xa están colgadas as diversas fotos que fixemos. Ademais, se tedes fotos feitas por vos, mandádeas os emails que vos dixemos, para poder colgalas e compartilas tamén.

O profe ideal

Puxémonos a soñar no profe ideal...e estes foron os resultados

Alegre, non lle importa mancharse


Creativa

Canta e xoga

Solidario, dulce,...e digamos que "xeneroso" coas notas

Amable, paciente, simpático

Dulce.. e antitabaco! (¡Xa sabedes fumadoras!)

Quen quere subir ó tren?

Comezamos unha nova viaxe...O tren da educación vai partir....
e vos decidichedes que cousas deberían acompañarvos na viaxe...




                                                                        ¿Subides?

jueves, 7 de octubre de 2010

Educadora infantil ideal

E se falamos das cualidades que debe ter a educadora infantil ideal...
Divertida, conciliadora, respetuosa, empática, responsable... e ata 22 cualidades diferentes!!!!

1º A

¿Qué é educación infantil?

 Eu preguntei... ¿qué é para vos a educación infantil? e vos contestáchedes:
IGUALDADE

RELACIÓN

COMPARTIR

ILUSIÓN

ESTIMULACIÓN

RESPECTO

lunes, 4 de octubre de 2010

Reflexión sobre as emocións

Colgade aquí como comentario as vosas reflexións sobre as emocións, e as estratexias de manexo emocional que tedes e empregades, ou calqueira outra reflexión relacionada, que vos xurdisen a partir do traballado na clase. Recordade que hai de plazo ata o venres ás 12.

Lexislación básica

Ola a todas. Aquí tendes un documento que recolle toda a lexislación relativa á Educación Infantil en Galicia.
A lexislación da Educación Infantil en Galicia

A historia da atención á infancia... 2ºA



Aquí está o noso primeiro traballo: unha viaxe a través da historia da atención a infancia, dende a Idade Antiga ata o futuro que nos achegará o actual século XXI. Noraboa a todas!

domingo, 3 de octubre de 2010

Presentación módulo Intervencion

Ola. Aquí tendes en pdf. a presentación en power point que vimos o primeiro día na aula. Para que non vos despistedes...
Presentación Intervención

Presentación do Módulo de Didáctica

Ola a todas.
Benvidas ao espazo adicado ao módulo de Didáctica da Educación Infantil. Aquí tendes a presentacion do módulo, que inclúe os bloques de contidos e o xeito de avaliar.
Agardamos colaboredes connosco no desenvolvemento deste espazo común de comunicación
Saúdos
Mamen (1ºA) e Cristina (1ºB)

Presentación Didáctica da Educación Infantil

Os dereitos da infancia

Esta semana comezaremos a traballar a lexislación que rexe a atención á infancia; destacamos os dereitos da infancia, dos que falaremos amplamente. Como aperitivo, aquí vos deixo un video sobre eles. Agardo os vosos comentarios sobre él.
Vémonos mañá! Saúdos
Mamen

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Un libro interesante

E aínda que longo, con información e recursos interesantes. Recoméndovos que adiquedes un ratiño a botarlle un ollo polo menos:

Medrando sans educando emocións

Desenvolvemento afectivo (presentacións de clase)

Por problemas co ordenador non consigo aínda deixalas como as deixou Mamen, para que as descarguedes directamente, a ver se nesta semana o teño arreglado. De momento, aquí tedes as presentacións en power point:

O desenvolvemento afectivo

Necesidade e obxectivo do desenvolvemento afectivo

E dúas páxinas interesantes máis...

Esta chámase "Orella pendella", e eles mesmos a describen así:

"Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI"

http://orellapendella.org/

E esta é a da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional:

http://www.agxpt.org/

¡A cantar!

Déxovos aquí unha ligazón a un blog con todo tipo de cancións que a mi me gusta e me parece útil. Anímovos a que busquedes tamén vos por internet, para ter unha fonte de recursos. ¡Incluso poderíamos grabar nós algunha e aportala!
O blog é:


http://cancionesparalainfancia.blogspot.com/

Preséntovos a Mamá Cabra

"Somos un grupo de música infantil formado por sete músicos. Batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.

Para facer o noso repertorio baseámonos en poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro, etc., aínda que tamén temos cancións propias ou temas que adaptamos do noso folcror"

Na súa web poderedes atopar información da súa música e as súas actuacións por diversos coles. Pode servos útil porque é en galego, e hai pouco disto. Totalmente válidos para a idade de 0 a 3. A web é:

http://www.mamacabra.com/

Actividade 2 de socioafectivo

A actividade que tiña pensada para realizar ó finalizar o primeiro bloque de contidos (sobre o desenvolvemento afectivo) era un conto que vos sirva para traballar as emocións e os sentimentos cos pequenos na aula. E imos aproveitar este concurso, para presentar os contos que elaboredes. Polo momento aínda non tedes a "base teórica" suficiente, pero déixovos o enlace para que poidades ir vendo as reglas (o formato para a presentación do conto, as características,...), e se queredes vaiades pensando ideas, buscando contos similares para ter de referencia (se atopades algún, estaría ben que o puxérades como comentario a esta entrada), etc. ¡A crear!

http://www.waece.org/catedra/convocatoria2011/concursocuentos3.htm

domingo, 26 de septiembre de 2010

Actividade de esta semana

Ola a todas!
Non olvidedes traer o material "funxible" (tesoiras, cores...) á clase para poder comezar a actividade da cronoloxía.
Saúdos e ata mañán!
Mamen

viernes, 24 de septiembre de 2010

Benvidas

Benvidas a este novo curso; este sera o espazo para o intercambio de información do módulo de "Intervención con familias e menores en risco social".
Ánimo e a currar!!!

Mamen

jueves, 23 de septiembre de 2010

Reforma laboral

Como sabedes, recentemente foi aprobada unha nova reforma laboral. Recolleremos noticias de prensa, artigos de opiníón ou cousas interesantes que atopedes sobre ela, para poder tratar algúns dos temas iniciais do módulo. Podedes "colgar" a información que atopedes, os vosos comentarios, opinións, etc., como comentarios a esta entrada, acordándovos sempre de poñer o/s voso/s nome/s.E tamén podedes comentar o que comenten as vosas compañeiras. Benvidas o blog!

Actividade 1 de socioafectivo

A primeira actividade de socioafectivo é responder a pregunta de por que credes que é necesaria a intervención no desenvolvemento afectivo. Escribide as vosas respostas como comentario a esta entrada, indicando os vosos nomes. Podedes tamén comentar, matizar, ampliar,...as respostas das vosas compañeiras. E se atopades algo en internet interesante e que estea relacionado, non dubidedes en subilo ó blog!

Benvidas

Hola!Benvidas ao blog de traballo de diferentes módulos do CFGS en educación infantil do IES Xunqueira 1 de Pontevedra. Agardamos as vosas colaboracións!