jueves, 31 de marzo de 2011

A actividade das mascotas_1º A

Aquí vos deixo ás nosas mascotas de aula: os irmáns Lolo e Lola, o cociñeiro Milli, a nosa amiga Pelusa, a boneca non avaliada Kelly e o fillo de dragón e serpe Fogui.
Espero non me ter equivocado en ningún dos nomes.
En conxunto, apláudovos as actividades expostas na aula. lembrade que o prazo para enviarmas corrixidas por mail é o venres.
Saúdos!

miércoles, 30 de marzo de 2011

MATERIAIS DE COEDUCACIÓN

Ainda que non se poida inaugurar nada de nada ata despois da eleccións municipais, as docentes de ciclo inauguramos unha nova sección no blog adicada á COEDUCACIÓN. Este tema se traballa no módulo de "Desenvolvemento Socioafectivo", en 2º, pero nos parece o suficientemente importante como para telo sempre presente.
Como primeiro achegamento a esta sección, deixovos o enlace a unha web específica de coeducación en todos os niveis educativos

Educagénero

e, de regalo... un conto que seguro que algunha xa coñecedes... espero que vos guste. A ver qué opinades....

LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES


Queda inaugurado este pantano!!!!

AVISO PARA AS DE 2º

Ola! Tal e como vos comentei onte as que estabades na aula, o ano pasado se fixo un acto de "fin de curso" coas de 2º, e nos preguntábamos se este ano vos apetece repetir. Pensádeo e o comentamos o día 8 na 1ª titoría que temos, de acordo??

Sorte no comezo de hoxe na FCT!!

E calquera cousa, xa sabedes que o meu mail está sempre operativo  ;))

Saúdos e nos vemos o día 8!

Desenvolvemento Cognitivo e Motor

1ª parte da presentación do tema 5

lunes, 28 de marzo de 2011

Xornadas "Abríndonos portas"

 A preparación das vosas xornadas avanza rápido!! Aquí están os enlaces ó blog e ó canal de youtube creados polo alumnado. No blog pódese ver á xente que xa confirmou a súa asistencia.

 Blog abríndonos portas

Abríndonos portas TV

Espero que vos guste!!

jueves, 24 de marzo de 2011

Japón en clave de nen@s

Así explican ós nenos/as de Xapón o accidente nuclear de Fukushima: a escatoloxía levada á explicación científica

El niño nuclear tiene dolor de estómago

martes, 22 de marzo de 2011

A metodoloxía na Educación Infantil

Aquí vos deixo o pdf completo do tema de metodoloxía. Saú2!
Metodoloxía na EI

Listaxe de verbos

Ola! Aquí tendes a listaxe de posibles verbos para a redacción de obxectivos en Educación Infantil. Lembrade que non son os únicos!!! Saúdos

Verbos

PD/ A ver esas citas e frases de outros/as profes.... ;p

Las sabias de la tribu

Déixovos o enlace a un documental que emitíu RTVE o día 8 de marzo, esta é a descrición que aparece na web:
"Documental sobre una generación de mujeres que lo ha tenido muy difícil en cuanto a estudios, trabajo, amor, sexo, etc. Es el dibujo de nuestras madres y abuelas, mujeres de las pequeñas gestas del día a día. Mujeres que se han tenido que enfrentar a una sociedad machista, a la falta de estudios, etc.."

Espero que vos guste!!

Las sabias de la tribu

Curso educación infantil

Aquí vos deixo o enlace a unhas xornadas da AS-PG. Hai un 25% das plazas reservadas para xente que nunca traballou como docente para a Consellería.

Xornadas AS-PG

viernes, 18 de marzo de 2011

CHARLA SOBRE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

O luns, ás 17:20, en Usos Múltiples, ex-alumnas do ciclo que están estudando o Grao en Educación Infantil ofreceránnos información sobre o acceso aos estudos universitarios. Resultaravos moi interesantes ás alumnas de 2º que queredes continuar estudando. Así aproveitades e quedades para ver despois as notas finais de trimestre ;))
Un saúdo!!

O libro secreto de 2º

As alumnas de 2º marchan para as prácticas, e parece ser que teñen unha recopilación de "frases simpáticas" e "momentos grandiosos" escoitadas/vividos ó longo do ciclo por parte de profes e alumnos. Así que aquí deixamos esa entrada, para poder rirnos todas/os xuntos ;)

Video sobre educación

A petición das que non tedes facebook, déixovos aquí un video:

Video Sir Ken Robinson

Que opinades?

lunes, 14 de marzo de 2011

Fotos charla GAITEA

Ola! Grazas á vicedire, Luísa Fernanda, temos fotos da charla de Gaitea, e aquí van!
Un saúdo e.. tranquis, que xa me poño cos exames de Intervención.. ;))

sábado, 12 de marzo de 2011

Qué sabemos de Intervención con familias?

Aínda que sexa a estas horas (ou deshoras...) aquí tendes o mini-repaso... a ver se atinades con estas 13 preguntas (bonito número, eh??) Ánimo que non queda nada!! Ata luns!
inter

viernes, 11 de marzo de 2011

miércoles, 9 de marzo de 2011

Noraboa!!!

Alumnas de 2º do ciclo quedaron finalistas no concurso internacional de contos da AMEI (Asociación Mundial de Educadores Infantís), así que...Noraboa!!!
Aquí vos deixo os contos (os gañadores, e todos os finalistas):
Ganadores concurso contos valores

e os enlaces ós diferentes contos, para que poidades disfrutalos:
La oruga muga

Un viaje inesperado

La jirafa Paca y el oso Roxo

Exemplos de cartas de presentación

Aquí vos deixo uns cantos exemplos:
Carta de autocandidatura e de resposta a unha oferta

Carta presentación autocandidatura

Carta presentación autocandidatura2

Outra máis

E se queredes, en internet poderedes atopar moitísimas máis.

viernes, 4 de marzo de 2011

Acollemento residencial_2º

E última presentación... aproveitade as mini-vacacións para darlle o ultimo empuxón aos módulos!!
 Que pasedes un bo antroido!
Acollemento residencial