miércoles, 1 de diciembre de 2010

UN XOGUETE VELLO PARA TÍ, UNHA NOVA ILUSIÓN PARA UN NEN@

Vendo que xá se aproxima o Nadal, pedimos a vosa colaboración para levar a cabo unha campaña que permita ao maior número de nenos e nenas recibir un agasallo que os ilusione nestas datas. A campaña consiste en traer algún xoguete, ben sexa voso ou dalgunha persoa que coñezades, que estea en BO ESTADO e ao cal xa non se lle dea uso.

As datas de recollida dos xoguetes serán dende o 9 ata o 16 de Decembro (ámbolos dous incluídos) e durante o tempo que dura o recreo (de 11:30 a 12:00). O lugar de recollida é o taller do Ciclo Superior de Educación Infantil (na planta soto, ao lado da aula de tecnoloxía). Estes xoguetes serán entregados a Cáritas de Marín.

Para máis información, consultade con calquera alumna do Ciclo.

Moitas grazas e agardamos que coa vosa axuda, esta campaña sexa un éxito.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

2 comentarios:

  1. seguro que é un éxito... pero o xoguete non ten por qué ser vello... simplemente fóra de idade!!
    ;P

    Xa estamos todas coas pilas postas!! (Mamen)

    ResponderEliminar
  2. chicas
    seguro que sale GENIAL¡¡¡¡
    un besoOOo para todas :-)

    ResponderEliminar