jueves, 31 de marzo de 2011

A actividade das mascotas_1º A

Aquí vos deixo ás nosas mascotas de aula: os irmáns Lolo e Lola, o cociñeiro Milli, a nosa amiga Pelusa, a boneca non avaliada Kelly e o fillo de dragón e serpe Fogui.
Espero non me ter equivocado en ningún dos nomes.
En conxunto, apláudovos as actividades expostas na aula. lembrade que o prazo para enviarmas corrixidas por mail é o venres.
Saúdos!

miércoles, 30 de marzo de 2011

MATERIAIS DE COEDUCACIÓN

Ainda que non se poida inaugurar nada de nada ata despois da eleccións municipais, as docentes de ciclo inauguramos unha nova sección no blog adicada á COEDUCACIÓN. Este tema se traballa no módulo de "Desenvolvemento Socioafectivo", en 2º, pero nos parece o suficientemente importante como para telo sempre presente.
Como primeiro achegamento a esta sección, deixovos o enlace a unha web específica de coeducación en todos os niveis educativos

Educagénero

e, de regalo... un conto que seguro que algunha xa coñecedes... espero que vos guste. A ver qué opinades....

LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES


Queda inaugurado este pantano!!!!

AVISO PARA AS DE 2º

Ola! Tal e como vos comentei onte as que estabades na aula, o ano pasado se fixo un acto de "fin de curso" coas de 2º, e nos preguntábamos se este ano vos apetece repetir. Pensádeo e o comentamos o día 8 na 1ª titoría que temos, de acordo??

Sorte no comezo de hoxe na FCT!!

E calquera cousa, xa sabedes que o meu mail está sempre operativo  ;))

Saúdos e nos vemos o día 8!

Desenvolvemento Cognitivo e Motor

1ª parte da presentación do tema 5

lunes, 28 de marzo de 2011

Xornadas "Abríndonos portas"

 A preparación das vosas xornadas avanza rápido!! Aquí están os enlaces ó blog e ó canal de youtube creados polo alumnado. No blog pódese ver á xente que xa confirmou a súa asistencia.

 Blog abríndonos portas

Abríndonos portas TV

Espero que vos guste!!

jueves, 24 de marzo de 2011

Japón en clave de nen@s

Así explican ós nenos/as de Xapón o accidente nuclear de Fukushima: a escatoloxía levada á explicación científica

El niño nuclear tiene dolor de estómago