Ola.
Aqui vos queda o libro do Principiño en pdf (non fomos quen de atopalo neste formato en galego), a través do que traballaremos os autores no módulo de Didáctica en 1ºB.
1ºA: esperade novas, que ainda non chegamos a esta parte.
Aproveitade esta longa finde, que queda moito que traballar!!!
Saúdos
Cris e Mamen
El principito
domingo, 31 de octubre de 2010
sábado, 23 de octubre de 2010
Os dereitos vulnerados...
Ola. Hoxe a prensa publica un artigo sobre o maltrato na infancia en Galicia... os datos falan...
O maltrato infantil en Galicia no 2010
O maltrato infantil en Galicia no 2010
viernes, 22 de octubre de 2010
enredate.org
Ola a todas! No apartado de enlaces incorporo o do portal educativo da UNICEF (enredate.org), onde poderedes atopar información e recursos pedagóxicos para traballar dereitos da infancia e datas significativas en relación aos nenos e nenas... Espero que vos enrede!!
jueves, 21 de octubre de 2010
O museo da historia da infancia
Benvidos ó museo da infancia, no que poderedes ver a historia da infancia a través de diferentes cadros:
O pater familias romano recoñecendo ó seu fillo...
A alta tasa de mortalidade infantil na Idade Media...
Primeiras iniciativas de atención ós nenos pobres no S. XVI...
...e alistamento dos "vagos" e mendigos na época de Carlos III
Esta é só unha mostra do traballo realizado, o resto dos cadros os colgarei no facebook para que cada grupo os explique con detalle a medida que os "retoque" (que os meus coñecementos de photoshop só me dan para ir mooooi lenta!). Pero ante todo, gracias a todas as alumnas polo esforzo, interese e entusiasmo posto na actividade...resultou estupenda!!
miércoles, 20 de octubre de 2010
A celebración do día do neno polos nenos
Hola;
Déixovos un enlace para que vexades como se pode celebrar o día do neno cos propios nenos. E se vedes todo o blog, ten cousas moi interesantes.
http://esteticadeolavarria.blogspot.com/2010/08/murales-en-la-49.html
Déixovos un enlace para que vexades como se pode celebrar o día do neno cos propios nenos. E se vedes todo o blog, ten cousas moi interesantes.
http://esteticadeolavarria.blogspot.com/2010/08/murales-en-la-49.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



