jueves, 24 de febrero de 2011

Como facer un videocurriculum

Aínda que supoño que non vos tocará facer moitos destes polo momento, aquí vos deixo unha guía para facer un videocurriculum:

Como facer un videocurriculum

E algúns exemplos:
Exemplos

Exemplos

miércoles, 23 de febrero de 2011

Buscando traballo por internet

Aquí vos deixo varias ligazóns para o exercicio de búsqueda de emprego que faremos mañá:

1. Entrade na páxina do proxecto de emprego do Concello de Pontevedra ILES. Lede as súas características, e consultade o Boletín de Ofertas de Emprego:
Proxecto ILES Pontevedra

2. Facede o mesmo co servizo de emprego do Concello de Santiago, que tamén ten boletín de ofertas:
Servizo Emprego Santiago

3. Consultade as ofertas de traballo nunha das páxinas máis coñecidas para a busca de emprego por internet, para practicar:
Infojobs

4. Consultade as seccións da web dunha das empresas de traballo temporal máis coñecidas:
ADECCO
MANPOWER

5. Aquí tedes algunhas plataformas de sindicatos para a formación, que explicaremos na seguinte clase:
CIGREDE-FORGA
FOREM

e a páxina da Fundación Tripartita, para que vexades o que é:
Fundación Tripartita

6. E finalmente, consultade esta outra páxina relacionada coa búsqueda de emprego, con máis recursos:
Monster

Xa tedes traballo!! ;)

martes, 22 de febrero de 2011

ROF das Escolas da rede Galiña Azul

Aquí vos deixo a presentación correspondente ao ROF das escolas pertencentes á rede de escolas infantís Galiña Azul, que xa vimos hai tempo; a maioría xa o tendes, pero por si algunha se despistou, pinchade no enlace coma sempre.
Regulamento de Organización e Funcionamento

Terceira entrega da unidade...

E seguimos coa unidade de intervención;unha vez vistas as medidas preventivas, remataremos coas medidas que se toman cando un menor é separado do seu entorno familiar: adopción, acollemento (familiar e residencial). Mañán teredes tamén a unidade na fotocopiadora (dádeme tempo a chegar, eh?)

Saúdos!!
.
Intervención con menores_3ª parte

domingo, 20 de febrero de 2011

Máis sobre TEA

Aquí vos deixo máis materiais diferentes para comprender os TEA. Son varias páxinas, pero creo que vos resultarán interesantes e que vos servirán para entender as características xerais dos diferentes trastornos. O primeiro documento (o das necesidades) non recordo de onde o saquei, o resto ten as referencias indicadas. E xa que estamos, pregúntovos: ten cambiado a vosa idea sobre os diferentes trastornos de espectro autista agora que nos temos achegado un pouco ó tema? Se queredes, deixade os comentarios abaixo.
Ata mañá!

Materiais para comprender os TEA

miércoles, 16 de febrero de 2011

Videos sobre TXD

Para intentar que vos formedes unha idea máis concreta sobre os diferentes TXD, deixade como comentario a esta entrada algún video que consideredes que recolle ben as características que vimos a nivel teórico.