martes, 8 de febrero de 2011

Para 2º: FP AVANZA

Aquí vos deixo a información relativa ao programa FP Avanza; mañán me decide salgo ao respecto, vale?
Ata mañán!!
FP avanza

PD/ Por se non vistes o post que está mais abaixo, mañán imos ao Salón do Libro na miña hora.

Outra nova

E xa postos no tema de abuso sexual infantil, botadelle un ollo a esta nova de hoxe na prensa... da moito que pensar! Este é o enlace:

Somos o 2º país do mundo en intercambio de pornografía infantil

Traballando as rabechas

Aquí vos deixo unha experiencia de traballo das rabechas nunha escola infantil. Como poderedes ver, a  intervención non ten por que estar só dirixida ós/ás nenos/as, senón que tamén podemos involucrar ós proxenitores. Buscando nos blogs das escolas infantís seguro que atopades máis experiencias, animádevos a compartilas!

Escola infantil de Xinzo

Infancia rota


A partir deste post podedes deixar esas frases das que falamos na aula que vos suxire o documental, ou se queredes facer algún comentario... este e un espazo aberto, xa o sabedes; falando con respecto admitimos todos os comentarios e opinións. Animádevos!

SALÓN DO LIBRO_2º

Ola a todas! ao final, iremos mañá de visita (guiada) ao Salón do Libro cun grupo de 4º da ESO. Acompañareivos eu a última hora.
Saúdos
Mamen

miércoles, 2 de febrero de 2011

martes, 1 de febrero de 2011

Máis sobre o maltrato infantil

Ola a todas. Aquí están o resto de presentacións e docus da unidade de risco social e maltrato na infancia.Lembrade que nun post anterior está colgada a Guía de detección do maltrato da Xunta.
Vémonos mañán na clase!!

Informe Observatorio da Infancia
Resumo do informe
Presentación maltrato (I)
Presentación maltrato (II)