lunes, 23 de mayo de 2011

Sobre as responsabilidades e funcións...

Hoxe en 1º A falamos dos factores de risco do voso traballo, e tratamos a relación escola-familia. Unha das alumnas sacou este tema a debate que, se ben repercute nas profesionais do segundo ciclo da educación infantil, pode ser interesante para debatir as responsabilidades que temos escolas e familias, e os límites de cada unha. Que opinades?

O cambio de cueiros nas escolas

miércoles, 18 de mayo de 2011

LISTAS DE CONTRATACIÓN

Aquí vos deixo o enlace para a xeración de solicitudes para as listas de contratación da Xunta; lembrade que o prazo remata o 15 de xullo, así que as de 2º espabilade a pedir o título. Podedes inscribirbos nas listas que queirades, e as que levedes no paro dende setembro non pagades a inscrición.
Un saúdo
Función Pública

lunes, 9 de mayo de 2011

MATERIAL DE AVALIACIÓN (1ª parte)

A avaliación pecha o bloque de programación que estamos a traballar; aquí tendes a primeira parte do material deste tema.
Avaliación en educación Infantil (I)

martes, 3 de mayo de 2011

Unha campiona (como mínimo) entre nós

A alumna de 1º A, Sara Rodríguez, é a campioa de Galicia e a de España en remo este ano. Noraboa polos dous títulos, Sara!!!

domingo, 1 de mayo de 2011

OS RECURSOS NA EI

Ola a todas! aquí tendes completo o tema dos recursos en EI en formato pdf, esta semana quedará rematado. Ánimo que xa non queda nada! ata mñ!

RECURSOS

domingo, 24 de abril de 2011

MATERIAL DAS XORNADAS

Ola a todas.
Xa case de volta ao traballo, que están a punto de rematar estas vacacións... Aquí tendes un material que envía Diana, a poñente na experiencia do método Loczy, con información de interés sobre o tema.
Saúdos e ata martes!! :))

Loczy

domingo, 17 de abril de 2011

As xornadas na prensa

I Xornadas de educación infantil. Intervivencia IES Xunqueira 1- IES Chapela.
Así recollía o Diario de Pontevedra esas xornadas.

Diario de Pontevedra 13-4-2011

Diario e Pontevedra 14-4-2011

(Unha vez aberto o enlace, facer doble click na imaxe para poder vela máis grande)

viernes, 15 de abril de 2011

VACACIÓNS

Pois ahí estamos, a puntiño de coller as vacacións... Esperamos que disfrutedes destes días de descanso, repoñades forzas, carguedes as pilas e volvades con moitos ánimos para o remate de curso.
Vémonos o día 26!!

jueves, 31 de marzo de 2011

A actividade das mascotas_1º A

Aquí vos deixo ás nosas mascotas de aula: os irmáns Lolo e Lola, o cociñeiro Milli, a nosa amiga Pelusa, a boneca non avaliada Kelly e o fillo de dragón e serpe Fogui.
Espero non me ter equivocado en ningún dos nomes.
En conxunto, apláudovos as actividades expostas na aula. lembrade que o prazo para enviarmas corrixidas por mail é o venres.
Saúdos!

miércoles, 30 de marzo de 2011

MATERIAIS DE COEDUCACIÓN

Ainda que non se poida inaugurar nada de nada ata despois da eleccións municipais, as docentes de ciclo inauguramos unha nova sección no blog adicada á COEDUCACIÓN. Este tema se traballa no módulo de "Desenvolvemento Socioafectivo", en 2º, pero nos parece o suficientemente importante como para telo sempre presente.
Como primeiro achegamento a esta sección, deixovos o enlace a unha web específica de coeducación en todos os niveis educativos

Educagénero

e, de regalo... un conto que seguro que algunha xa coñecedes... espero que vos guste. A ver qué opinades....

LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES


Queda inaugurado este pantano!!!!

AVISO PARA AS DE 2º

Ola! Tal e como vos comentei onte as que estabades na aula, o ano pasado se fixo un acto de "fin de curso" coas de 2º, e nos preguntábamos se este ano vos apetece repetir. Pensádeo e o comentamos o día 8 na 1ª titoría que temos, de acordo??

Sorte no comezo de hoxe na FCT!!

E calquera cousa, xa sabedes que o meu mail está sempre operativo  ;))

Saúdos e nos vemos o día 8!

Desenvolvemento Cognitivo e Motor

1ª parte da presentación do tema 5

lunes, 28 de marzo de 2011

Xornadas "Abríndonos portas"

 A preparación das vosas xornadas avanza rápido!! Aquí están os enlaces ó blog e ó canal de youtube creados polo alumnado. No blog pódese ver á xente que xa confirmou a súa asistencia.

 Blog abríndonos portas

Abríndonos portas TV

Espero que vos guste!!

jueves, 24 de marzo de 2011

Japón en clave de nen@s

Así explican ós nenos/as de Xapón o accidente nuclear de Fukushima: a escatoloxía levada á explicación científica

El niño nuclear tiene dolor de estómago