lunes, 31 de enero de 2011

domingo, 30 de enero de 2011

Comandos do Día dos Dereitos da Infancia_1º A

Por fin apareceu o cable da miña cámara de fotos, así que aquí tendes as fotos dos comandos de 1º A.
Saúdos e ata mañan!!

jueves, 27 de enero de 2011

O curriculo da Educación Infantil en Galicia

Poñámonos mans á obra! No módulo de Cognitivo tivestes a oportunidade de comezar a traballar o Decreto 330/2009 do 4 de xuño que establece o currículo de EI na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño), así que agora toca profundizar máis na súa análise en Didáctica. Pinchando no enlace teredes acceso á publicación do mesmo no DOG. Saúdos!

Decreto 330/2009

miércoles, 26 de enero de 2011

sábado, 22 de enero de 2011

Seguimos co maltrato infantil...

Estes días na prensa houbo bastantes noticias sobre casos de maltrato na infancia; aquí tendes dous artigos: o primeiro son os datos do 2010 do maltrato en Galicia (xa o colguei anteriormente, pero me parace interesante retomalo agora que estamos traballando o tema na aula) e outro sobre un caso de maltrato que me gustaría que comentarades... ¿existe coordinación entre a administración, a xustiza e os sevizos sociais neste caso e en moitos outros??

Datos maltrato en Galicia
Noticia para comentar

jueves, 20 de enero de 2011

Que opinades?

Aquí vos deixamos unha noticia para que reflexionedes. Nalgunha clase xa estivemos falando do tema, con debates no que atopamos posturas moi diversas, e nos que saíron temas moi interesantes, como por exemplo: a responsabilidade da protección da infancia, os estereotipos e prexuizos, os límites da publicidade e da arte... Animámosvos a seguir o debate a partir deste artigo:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/01/19/0003_201101G19P33991.htm

dun artigo de opinión:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/01/19/0003_201101G19P33993.htm

e dalgunhas definicións de conceptos que saíron no debate:

Abuso sexual: calquera comportamento no que un menor é utilizado por un adulto ou outro menor como medio para obter estimulación ou gratificación sexual
"situacións nas que o/a menor é utilizado/a polos seus pais ou titores para realizar
actos sexuais ou como obxecto de estimulación sexual. Non é necesario
que haxa un contacto físico para considerar que existe abuso sexual"

Explotación laboral:Para participar, só tedes que deixar os vosos comentarios a este artigo.
Definida como aquela situación na que “os pais ou titores asignan con carácter obrigatorio
ó neno/a a realización de traballos (domésticos ou non) que:
Exceden os límites do habitual no contexto socio-cultural no
que se desenvolve o neno/a.
Deberían ser realizados por adultos.
do neno/a.
Interfiren de xeito claro nas necesidades sociais e/ou escolares
económico ou similar para os pais/titores ou a estructura
familiar”.

Asígnanse ó neno/a co obxectivo fundamental de obter un beneficio

martes, 18 de enero de 2011

jueves, 13 de enero de 2011

O maltrato na infancia


Mañán comezaremos a unidade de maltrato infantil, que traballaremos a partir da Guía para a detección do maltrato infantil editado pola Xunta de Galicia.Vémonos na clase!!


Guia maltrato

A colaboración familia-escola



Presentación completa da unidade; botade un ollo e imprimide só as follas que vos faltan. Ata mañan!

A colaboracion escola-familia

"HOY EMPIEZA TODO"-1º A


 
ESTE É O TEXTO PARA COMENTAR (comentade aquí, no blog)

“Antes tiña 45 alumnos por clase, pero eran disciplinados e chegaban puntuais e limpos aínda que había pobreza. Agora teño 30 pero a disciplina desapareceu, chegan tarde e sucios, descoidados e algúns mal alimentados. ¿Qué lles podo dar?: Pois tan só algo do que lles fai máis falla: AFECTO”.

martes, 11 de enero de 2011

As escolas segundo os diferentes autores...


REGGIO EMILIA

AGAZZI

CENTROS DE INTERÉS_DECROLY

TALLERES E OBRADOIROS_FREINET

KINDERGARTEN_FRÖEBEL


Xogos populares

Buceando pola rede atopei esta páxina web sobre xogos populares. Déixovos o enlace por se vos interesa:

Xogos populares

Video sobre Identidade e Coeducación

Déixovos unha parte dun video sobre Identidade e Coeducación elaborado polo Instituto da Muller no que podedes ver aspectos interesantes dos que imos traballar no tema do desenvolvemento sexual. Ademais é do ano 1993, co cal podemos reflexionar sobre o que cambiou e non cambiou respecto á situación actual,  17 anos despois.

Identidade e Coeducación

lunes, 10 de enero de 2011

Servizos de atención á infancia 1ºB

Podedes compartir parte dos resultados das vosas investigacións sobre os servizos de atención á infancia facendo comentarios a este artigo.